3.1. Recursos específicos sobre O marinheiro

FONTES PRIMARIAS:

- Manuscritos ou facsímiles de orixinais: Non se encontra ningún manuscrito orixinal completo en Internet sobre esta obra, mais si podemos atopar algunha páxina solta nunha reprodución facsimilar. Esta é a ligazón: http://www.tintadachina.pt/pdfs/dd219f64784fc4f80972385650595cf3-inside.pdf.

- Traducións. Contamos con unha ao español.
  • Barbosa López, Nicolás (ed.) (2015). O marinheiro. Edición bilingüe y traducción. Medellín (Colombia): Tragaluz Editores.
Edición bilingüe que inclúe notas, reproducións facsimilares dos orixinais, tradución ao inglés e francés, reprodución da revista Orpheu onde se publicou en 1915 e que está ilustrado con debuxos de Alefes Silva.

Unha tradución literaria sempre ofrece vantaxes para aqueles investigadores que desexan estabelecer pontes entre unha obra orixinal e outra que trata de trasladarse a outra identidade cultural, neste caso, a española. A pregunta é se, ante dita tradución e ante o cambio de paradigma cultural, se poden contemplar as ideas centrais desde outra perspectiva. Ademais, esta tradución enlázanos directamente co ámbito hispánico, que tamén consideramos neste blogue.

- Edicións. Por orde cronolóxica.
  • Pessoa, Fernando (1915). O marinheiro. En Orpheu. Revista trimestral de literatura.
Trátase da primeira edición publicada na famosa revista portuguesa princisecular.
  • Pessoa, Fernando (2010). O marinheiro. Edição Babel.
  • Pessoa, Fernando (2017). O marinheiro. Edições Vercial. 
Edicións máis actuais, non por iso as máis recomendábeis.

A comparación das diversas edicións críticas pode servir para un estudo bibliográfico.


FONTES CRÍTICAS:

- ARTIGOS DE REVISTA

Fernando Pessoa e o xogo teatral.
O obxectivo deste artigo é introducir a obra, o contexto da súa publicación e o concepto de teatro estático. Inténtanse presentar os xogos teatrais percibidos a partir das narracións e das situacións creadas polos diálogos, destacando a perspectiva metateatral e a problemática da identidade dentro do ámbito da cultura portuguesa.


- TESES DOUTORAIS

Álvaro de Campos (heterónimo de Pessoa) e a digresión pessoana.
Esta tese fala da rexeneración da patria portuguesa baixo a titoría de Camões e Pessoa, xunto con outros elementos como a peculiar concepción de nacionalismo e a convivencia entre tradicionalismo e vangarda. Todo desde unha liña pessoana de pervivencia dunha contradición constante baixo a sombra do Ultimatum Inglés de 1890.

Fernando Pessoa e a heteronimia.
Esta tese fala de diversos aspectos da literatura de Pessoa e do mesmo como autor, recalcando o concepto de heteronomia.

- RECURSOS EN INTERNET

Postas en escena:
Obra representada pola Companhia de Teatro de Almada.
Interpretación da obra de Fernando Pessoa, producida pola "Cia. da Ação! dança!teatro", dirixida por Calé Miranda, elenco: Mônica Izidoro, Carla Biolchini e Fátima Colin.
  • [QU.EM. quintelemento-video teatro e cultura teatrale] (12 de maio de 2016). O Marinheiro de Pessoa (1913) - legendas em portugués [Archivo de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=2dDWWCzyc0E 
A única obra dramática de Fernando Pessoa coproducida por QU.EM. (quintelemento e Companhia Mailò).
Interpretación de carácter posdramático.

Outros recursos:
Artigo publicado por Juan Fernando Rivera na páxina web da compañía de teatro Matacandelas.
Este artigo analiza a autotradución realizada polo propio Fernando Pessoa dos seus heterónimos e do que isto puido supor para a súa obra a nivel interlingüístico.
Comentario publicado con motivo da celebración do 125 aniversario do nacemento de Fernado Pessoa, os 20 anos da Casa do mesmo autor, o centenario da publicación do primeiro fragmento do Livro do Desassossego e o centenario do O Marinheiro.
Páxina web adicada a este autor.



Publicado por Noelia Carreira Bocelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario